martes, 27 de noviembre de 2012

Infantil femenino


domingo, 30 de octubre de 2011

Resumo da xornada

Este fin de semana xogaron tres equipos do club. O infantil, o júnior e o sénior. O balance foi de 2 derrotas e 1 victoria.


Os infantiles perderon na súa visita ao Barco de Valdeorras. Pouco a pouco van mellorando pero aínda lles falta para poder competir de ti ti con calquer rival.


O equipo sénior tamén perdeu este fin de semana contra o equipo de Alaricano. A pesar das numerosas baixas durante o primeiro tempo aguantamos bastante ben , pero despois do descanso, como ven sendo habitual por outra parte, viñemosnos abaixo e fóronse no marcador e xa non dimos recuperado no derradeiro cuarto. Pese a derrota houbo signos positivos como unha mellora leve no aspecto físico e tamén tivemos maior acerto nos tiros a canasta que en anteriores partidos.


A alegría da xornada deuna o equipo júnior que venceu na súa visita ao Barco de Valdeorras. Foi un partido duro e intenso que se resolveu nos instantes finais. Non foi un partido brillante pola nosa parte en cuanto a xogo pero o que si está claro é que todos os nosos xogadores esforzaronse ao máximo para conseguir a victoria, así que felicidades a todos.

jueves, 27 de octubre de 2011

Partidos fin de semana 29-30 de Outubro

Este fin de semana teñen partido 3 equipos do Clube.

Equipo Sénior: Sábado 29 ás 18,00 no Pavillón de A Granxa contra o equipo de Alaricano.

Equipo Júnior: Domingo 30 ás 12,00 no Colexio Divina Pastora, no Barco de Valdeorras.

Equipo Infantil: Domingo 30 ás 10,00 no Colexio Divina Pastora, no Barco de Valdeorras.

Os equipos júnior e infantil están citados para salir con dirección ao Barco o domingo ás 7,45 na estación de Autobuses.

Recordase a todo o mundo que este sábado cambian a hora.

domingo, 23 de octubre de 2011

Crónica da Xornada

Bueno, a partir deste fin de semana voi intentar (non prometo nada) facer unha pequena crónica dos partidos que disputen os equipos do CB Xuventude Verín.


Partido Infantil. Derrota. Imos mellorando, xogamos moito mellor que no primeiro partido da tempada e vaise notando melloría nos xogadores e xogadoras do equipo. Sabemos que este é un ano complicado para este equipo pero si seguen adestrando como ata agora seguro que mellorarán e podrán competir nos partidos.


Partido Júnior. Victoria. 71-32 Fixemos un moi bo partido, seguramente o mellor da tempada. Pouco máis que decir. Que si seguimos adestrando como o levamos facendo dende setembro a final de tempada competiremos en todos os partidos e contra todos os rivales.


Partido Sénior. Derrota 53-61. Derrota xusta. Fixemos un moi bo primeiro cuarto tanto en defensa como en ataque, movendo ben o balón e conseguindo tiros cómodos. Despois xa no segundo cuarto xa nos fumos atascando máis e costábanos moito meter canasta. Aínda así chegamos ao descanso con unha axustada ventaxa 32-30. No terceiro cuarto, como sempre, salimos moi frios e ahí perdimos o partido xa que nos fixeron un parcial de 6 - 19. No derradeiro cuarto intentámolo pero non fumos capaces de remontar.


Non queda outra que seguir adestrando e intentar en próximos partidos melloran o mal porcentaxe de tiros que fixemos algúns de nos e mellorar tamén a condición física.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Comenzamos a adestrar

Hoxe comenzamos a adestrar. Os equipos benxamin e alevín adestrarán de 18 a 19 horas. E os equipos infantiles de 19 a 20 horas. Esta semana imos a adestrar con este horario pq temos moitas prazas vacantes no equipo infantil femenino e mentras non as cubramos van a adestrar xuntos os dous equipos infantiles.


A reunión cos pais faremola a finais da proxima semana ou a principios do mes de outubro.


Recordar que quedan por cubrir 5 prazas no equipo infantil masculino, 12 no infantil femenino, 8 en alevín mixto e 6 en benxamín mixto

miércoles, 14 de septiembre de 2011

O equipo senior xogará en 3ª

O equipo sénior do Club Baloncesto Xuventude Verín xogará a vindeira tempada no grupo C da 3ª división galega de Baloncesto. Os nosos rivais serán:

Valenzá
Celanova
Xunqueira
Aceites Abril Bosco
Miño Basquet
Cruz Alta
Alaricano
Imprenta
Xinzo

miércoles, 31 de agosto de 2011

Aberta inscrición infantil e minibasquet

O CB Xuventude Verín, coa colaboración do Concello de Verín, organiza un ano máis as escolas de baloncesto nas categorías de Infantil Femenino, Infantil Masculino, Alevín Femenino, Alevín Masculino e Benxamín Mixto.




As idades correspondentes ás categorías son:




Infantil Femenino: Nadas en 1998 e 1999




Infantil Masculino: Nados en 1999




Alevín Masculino: Nados en 2000 e 2001




Alevín Femenino: Nadas en 2000 e 2001




Benxamín Mixto: Nadas/os en 2002, 2003 e 2004.




Para mais información e para descargar a documentación necesaria pulsar o seguinte enlace:








Tamén esta disponible a documentación no pavillón de deportes.




 
Plantilla creada por laeulalia basada en la minima de blogger.